29 abril 2025

MURAIS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Este colexio non para de darlle á cabeza e traballar polo medio ambiente. Nesta ocasión queremos amosar os murais e toda a decoración que se realizou por motivo do noso PDI.

Esperamos que vos guste.

Un bruxibiquiño!


MURAIS de bibliomaruxa

09 abril 2025

OBRADOIROS CO GRUPO NATURALISTA HÁBITAT

 Ola amiguiñas e amiguiños:

A primeira semana de abril a biblioteca convertiuse nun gran taller que acolleu dous obradoiros: Escaiola e cadernos de campo da man do grupo naturalisa Hábitat. Encantounos! Podedes ver o resultado neste vídeo.

Un bruxibiquiño.


Presentación Medioambiente y Reciclaje Moderno Verde de bibliomaruxa

RECOLLENDO LIXO NA PRAIA

 Ola amiguiños e amiguiñas!

O pasado 26 de marzo o alumnado de terceiro foi á praia do Orzán para recoller lixo coa asociación MAR DE FÁBULA. Logo foron ao cole para facer un taller de reciclaxe e reutilización con todo o refugallo atopado. Toda unha actividade de concienciación ambiental.Podedes ver as imaxes nesta presentación.

Un bruxibiquiño.


Blue White Cute Sea Illustration Project Presentation de bibliomaruxa

ENTROIDO ECOLÓXICO

 Ola amiguiños e amiguiñas:

O venres 28 de febreiro celebramos un Entroido moi especial, un Entroido pola loita contra o cambio climático. Que ben o pasamos! Podemos ver o ben que o pasamos no seguinte vídeo.

Un bruxibiquiño!


Copia de Entroido de bibliomaruxa