sábado, 16 de decembro de 2023

O APALPADOR

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Como ben sabedes, este curso levamos a cabo un PDI sobre Galicia. Por tal razón, á nosa biblioteca chegou polo Nadal unha personaxe moi especial:

O APALPADOR.

Foi deixando por todas as aulas unha postal para que todos os nenos e nenas do colexio coñeceran quen é e puxo a disposición das aulas un libros que contan a súa historia. 

Podedes ver o resultado nestas fotiños

Un bruxibiquiño.








OBRADOIRO DE REGUEIFAS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Sabedes o que é unha regueifa? 

regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Ademais, ten a característica de que cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos octosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares (de maneira que formalmente coincide coa copla .

Forma parte da nosa cultura tradicional  galega e queriamos dala a coñecer entre o noso alumnado de quinto e sexto de Primaria.

Para iso contamos cuns obradoiros  da man de Gaudalupe Blanco Vázquez  (que forma parte do proxecto Enregueifate) no noso colexio onde participaron os nenos e nenas destes cursos. Pasaron un anaco moi divertido, aprenderon o que é a regueifa e como nos gustou tanto a experiencia construirán as súas propias regueifas que na vindeira avaliación compartirán con todos nós.

Para comezar amosamos unhas imaxes do obradoiro levado a cabo o día 14 de decembro da man do EDLG do colexio.

Un bruxibiquiño





martes, 12 de decembro de 2023

CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

Ola amiguiños e amiguiñas:
Hoxe tivemos unha visita moi especial na nosa biblio. O grupo de música tradicional galega da Xunta de Galicia veu dar un concerto para o alumnado de 5º de educación Primaria. 
Empapámonos de alboradas, muuiñeiras e tamén nos amosaron instrumentos tradicionais da nosa terriña: Gaita, zamfona, tambores... canto aprendemos coas explicacións e coa súa música.
Un bruxibiquiño