martes, 31 de outubro de 2023

SAMAÍN

 Ola amiguiñas e amiguiños!

Vimos de celebrar o Samaín. Xa dende hai unha semana na biblio estivemos traballando seres da nosa mitoloxía galega:

- O Pedro Chosco en Infantil.

- O trasno en 1º e 2º de Primaria.

- O Urco en 3º e 4º de Primaria.

- A Compaña en 5º e 6º de Primaria. 

Todo dentro do noso PDI : Galicia: As nosas señas de identidade.

Asemade e da man do EDLG decoramos o corredor do colexio e do equipo de EF con festa o día 31. 

Podedes ver o ben que o pasamos e o moito que coñecemos neste vídeo.

Un bruxibiquiño.



Copia de SAMAÍN NO CEIP SAGRADA FAMILIA ( A CORUÑA) de bibliomaruxa

martes, 17 de outubro de 2023

PRESENTACIÓN DO PDI

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Que emoción  iniciar unha nova aventura con vós! 

Resulta que o pasado 9 de outubro todas as aula de quinto e sexto recibiron unha carta de Maruxa onde lles encomendaba ir polas outras aulas do colexio entregándolles un agasallo e explicando o novo PDI que entre todos construiremos ao longo deste curso.



E chegou o día 16, o día en que os maiores foron polas aulas expoñendo o proxecto e compartindo ilusións entre todos e todas. 

Aquí tedes unhas cantas fotos e tamén a presentación do proxecto que fixeron os maiores.

Seguimos compartindo ilusións.

Un bruxibiquiño











Copia de NÓS E O MUNDO de bibliomaruxa