07 xuño 2025

FIN DE CURSO CON MUNDO BICHOS

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Esta semana levamos unha boa sorpresa. A SUPER ANPA que temos no cole quixo unirse ao noso Proxecto anual e aportaron un taller superchulo.

Por todas as aulas viñeron amosarnos un monto de invertebrados máis coñecidos como " bichos". Bolboretas, tarántulas, escorpiróns visitaron todas as nosas aulas deixándose tocar e agarimar. 

Vaia experiencia! Comprendemos así a importancia que teñen para a vida no noso planeta e necesidade de coidalos.

Un bruxibiquiño.







TALLER MUNDOBICHOS de bibliomaruxa

01 xuño 2025

ARTE E ECOLOXÍA

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Xa na terceira avaliación a nosa bruxa propúxonos outra investigación e outra aprendizaxe. Nesta ocasión tiñamos que coñecer un cadro e enchelo de lixo, así vivenciamos entre todas e todos a importancia de coidar as nosas paisaxes, e ver a diferencia entre unha limpa e outra toda contaminada.

Pasámolo moi ben coñecendo un pouco máis de arte e de ecoloxía!

Podedes ver nesta presentación o encargo de Maruxa e despois os traballos realizados polo noso alumnado.

Un bruxibiquiño!

Presentación Proyecto Artístico Trazos Pintura Abstracto Colorido de bibliomaruxa