Ola amiguiñas e amiguiños!
O pasado 7 de novembro celebramos no cole o MAGOSTO.
Se queres comer castañas
comigo as asarás
e xuntos as comeremos
se saltas ao compás.
Un bruxibiquiño
Ola amiguiñas e amiguiños!
O pasado 7 de novembro celebramos no cole o MAGOSTO.
Se queres comer castañas
comigo as asarás
e xuntos as comeremos
se saltas ao compás.
Un bruxibiquiño
Ola amiguiñas e amiguiños!
E por fin chegou o Samaín.... coma sempre Maruxa tiña preparada unha sorpresa, coñecer CADROS ARREPIANTES dentro do noso PDI : Qué pintamos aquí?
Tamén, vivenciamos cadros, elaboramos caras monstruosas, decoramos máscaras da morte, elaboramos cadros... podedes ver todo neste vídeo.
Un bruxibiquiño
Ola amiguiñas e amiguiños!
Ao longo do curso traballouse co PDI: "Que pintamos aquí ?" para coñecer etapas, correntes, pintores e pintoras , cadros, técnicas artísticas...dende o primeiro momento o colexio encheuse de murais coas vosas creacións.
Podedes ver unha mostra nesta presentación.
Un bruxibiquiño.
Ola amiguiñas e amiguiños!
O pasado 30 de outubro a biblioteca botou a rodar coa presentación do novo proxecto que imos traballar neste curso entre todos e todas: " QUE PINTAMOS AQUÍ?"
Así que neste curso centrarémonos en aprender sobre diferentes etapas da pintura , autores , cadros representativos e moitas moitas mais cousas.
Comezaron como xa ben sendo habitual cos maiores presentando o PDI coa carta de Maruxa, o seu vídeo e como non , un agasallo.
Podedes ver todo nestas fotos e no vídeo.
Un bruxibiquiño