31 maio 2026

VÍDEO FIN DE PDI

 Ola amiguiñas e amiguiños!

Outra viaxe que chega ao seu fin...grazas a todas e todos : mestras e mestres, nais e pais, á nosa ANPA e sobre todo ao noso alumnado por levar a cabo este proxecto tan fermoso no que unimos pintura, emocións, momentos de compartir entre todos, festas, talleres ...

Voltamos en setembro con novas aventuras.

Un bruxibiquiño!


Copia de Vídeo Intro Cuenta Atrás Retro Colorido Negro de bibliomaruxa

17 maio 2026

CIENCIA NA RÚA

 Ola amiguiños e amiguiñas:

 O sábado 9 de maio participamos de novo no Día da Ciencia na Rúa, que este ano se celebrou nos Xardíns de Méndez Núñez. Os nosos pequenos científicos foron os alumnos de 3 anos e de 4º A e 4ºB de Ed. Primaria que,  xunto coas súas titoras, explicaron aos visitantes experimentos que xiraron arredor da temática do noso proxecto "Que pintamos aquí?". Así que presentaron un arco da vella con líquidos de distintas densidades, mesturas de cores, auga que camiña faccendo outro arco da vella, pintura con cúrcuma e bicarbonato, bonecos bailaríns e ata unha mandarina flotadora.

         Foi un día intenso e bonito no que tivemos unha grande afluencia de público a pesares do mal tempo.

Un bruxibiquiño







13 maio 2026

DETECTIVES DE BIBLIOTECA III

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Chega a terceira edición dos DETECTIVES DE BIBLIOTECA, onde investigamos sobre cadros e pintores.

Podedes velo neste vídeo.

Un bruxiquiño


Copia de Copia de DETECTIVES III de bibliomaruxa

TALLERES DE PINTURA

 Ola amiguiños e amiguiñas:

No mes de maio disfrutamos duns talleres de pintura con Laura Romero, Carlos Gallego y Lara Pintos. Podedes ver todo o realizado e aprendido nesta presentación.

Un bruxibiquiño


Copia de Presentación Proyecto Artístico Trazos Pintura Abstracto Colorido de bibliomaruxa

01 maio 2026

MATERIAL ELABORADO POLAS AULAS- 2ª AVALIACIÓN

 Benqueridos nenos e nenas:

Na segunda avaliación a nosa Maruxa pediunos traballar pintoras e pintores relacionados coas etapas pictóricas investigadas na primeira avaliación. As aulas puxéronse en marcha e elaboraron un material moi valioso que presentaron no mes de abril ao resto das aulas. Podedes ver esa presentación no seguinte enlace xunto co chamamento da nosa Maruxa. Tamén os murais que adornaron os corredores do colexio relacionados co PDI:

MURAIS E RINCÓNS

.PRESENTACIÓN DE TRABALLOS ENTRE AULAS

AGORA PODEDES VER O MATERIAL ELABORADO POLAS AULAS:

EDUCACIÓN INFANTIL:

4º EI:INVESTIGARON SOBRE MIRÓ

 



5º EI: INVESTIGACIÓNS SOBRE VARIOS PINTORES E PINTORAS


6º EI: SONIA DELAUNAY

1º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA:MARY CASSAT, MATILDA BROWNE, SOROLLA, PISSARRO, VAN GOGH..... AUTORES IMPRESIONISTAS. Elaboraron Flipbooks e fichas 


2º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA: EL GRECO, EL BOSCO, MIGUEL ANXO, RAFAEL SANZIO, LEONARDO DA VINCI....AUTORES DO RENACEMENTO. Elaboráronse presentacións, contos, audiodontos, cancións.... 

A súa nai era campesiñaa de SAGRADA FAMILIA

3º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA: GOYA, FRIEDRICH E COLE. NEOCLASICISMO E ROMANTICISMO