sábado, 16 de decembro de 2023

O APALPADOR

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Como ben sabedes, este curso levamos a cabo un PDI sobre Galicia. Por tal razón, á nosa biblioteca chegou polo Nadal unha personaxe moi especial:

O APALPADOR.

Foi deixando por todas as aulas unha postal para que todos os nenos e nenas do colexio coñeceran quen é e puxo a disposición das aulas un libros que contan a súa historia. 

Podedes ver o resultado nestas fotiños

Un bruxibiquiño.








OBRADOIRO E CONCURSO DE REGUEIFAS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Sabedes o que é unha regueifa? 

regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Ademais, ten a característica de que cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos octosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares (de maneira que formalmente coincide coa copla .

Forma parte da nosa cultura tradicional  galega e queriamos dala a coñecer entre o noso alumnado de quinto e sexto de Primaria.

Para iso contamos cuns obradoiros  da man de Gaudalupe Blanco Vázquez  (que forma parte do proxecto Enregueifate) no noso colexio onde participaron os nenos e nenas destes cursos. Pasaron un anaco moi divertido, aprenderon o que é a regueifa e como nos gustou tanto a experiencia decidiron elaborar as súas propias e participar no concursos de regueifas dentro do proxecto anteriormente sinalado.

Aquí tedes o vídeo que enviamos e aínda que non gañamos aprendemos que iso sí que é o mellor dos premios. 

Tamén vos deixo unhas fotiños dos obradoiros.

Un bruxibiquiño.

Video Cuenta atrás Moderno Animado Scrapbook Doodle Multicolor de bibliomaruxa








martes, 12 de decembro de 2023

CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

Ola amiguiños e amiguiñas:
Hoxe tivemos unha visita moi especial na nosa biblio. O grupo de música tradicional galega da Xunta de Galicia veu dar un concerto para o alumnado de 5º de educación Primaria. 
Empapámonos de alboradas, muuiñeiras e tamén nos amosaron instrumentos tradicionais da nosa terriña: Gaita, zamfona, tambores... canto aprendemos coas explicacións e coa súa música.
Un bruxibiquiño