Ola amiguiños e amiguiñas:
Sabedes o que é unha regueifa?
A regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Ademais, ten a característica de que cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos octosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares (de maneira que formalmente coincide coa copla .
Forma parte da nosa cultura tradicional galega e queriamos dala a coñecer entre o noso alumnado de quinto e sexto de Primaria.
Para iso contamos cuns obradoiros da man de Gaudalupe Blanco Vázquez (que forma parte do proxecto Enregueifate) no noso colexio onde participaron os nenos e nenas destes cursos. Pasaron un anaco moi divertido, aprenderon o que é a regueifa e como nos gustou tanto a experiencia decidiron elaborar as súas propias e participar no concursos de regueifas dentro do proxecto anteriormente sinalado.
Aquí tedes o vídeo que enviamos e aínda que non gañamos aprendemos que iso sí que é o mellor dos premios.
Tamén vos deixo unhas fotiños dos obradoiros.
Un bruxibiquiño. Video Cuenta atrás Moderno Animado Scrapbook Doodle Multicolor de bibliomaruxa