24 febreiro 2025

OBRADOIRO CEIDA

 Ola amiguiños e amiguiñas:
O 19 e 20 de febreiro, o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria, recibiu unha charla do CEIDA ( Centro de Divulgación  Ambiental de Galicia), dentro do programa : Afronta o reto, loita contra a emerxencia climática. Programa para unha transición ecolóxica.
Trátase dun programa desenvolto polo Diputación de A Coruña para sensiblizar sobre o futuro que nos espera de non combatir a emerxencia climática. Ten como obxectivos:
- Entender as problemáticas das cales deriva a emerxencia climática e como esta nos afecta.
- Dar a coñecer os escenarios futuros nos que nos poderiamos atopar de non comezar a actuar.
- Coñecer as ferramentas que posuímos para mitigalo e revertelo individualmente e como sociedade.
A primera charla foi unha  presentación breve onde se expón de maneira sinxela e amena as causas e consecuencias do cambio climático, as súas evidencias en Galicia, adquirir conciencia do noso impacto persoal e como podemos adaptarnos ou tentar mitigar os seus efectos. 
Na segunda charla, fíxose un taller sobre a pegada ecolóxica, onde cada alumno/calcularaa a súa pegada mediante un sinxelo test onde habían recoller datos sobre a súa vida cotiá, farase un debate en base aos resultados obtidos por cada un e poñerase en valor a importancia de minimizala.
Moito aprendeu a nosa rapazada , concienciándose da importancia que temos entre todos de loitar por esta emerxencia climática.




CONTACONTOS CAXOTO

 Ola amiguiños e amiguiñas:

O pasado 19 de xaneiro, o alumnado de Educación Infantil puido disfrutar dun obradoiro de contos da man de Caxoto. Veunos presentar o seu proxecto: Miña terra, meu lar.

Un barrendeiro (ou como el prefire que lle digan mozo da limpeza) que pasa polo escenario aproveita que o espectáculo aínda non vai comezar para esixir que se deixe de tirar cousas ó chan. Está farto de recoller chicles, papeis, pano dos mocos e avoas en bo estado de uso. Farto de que ninguén recicle o lixo. Farto de pisar cacas de can!. 


Que ben o pasamos! 

Grazas Caxoto por ensinarnos tanto sobre a reciclaxe.






Un bruxibiquiño


 

09 febreiro 2025

MATERIAL ELABORADO POLAS AULAS NA PRIMEIRA AVALIACIÓN

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Quero amosarvos os magníficos traballos elaborados por todo o alumnado do colexio e que foi presentado na biblioteca .  Anímovos a seguir aprendendo e amosando coñecemento entre todos e todas.

EDUCACIÓN INFANTIL:

EDUCACIÓN PRIMARIA:

1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 


2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 



Copia de PRESENTACIÓDE TRABALLOS de bibliomaruxa

3º EDUCACIÓN PRIMARIA:

MATERIAL 3º de bibliomaruxa

4º EDUCACIÓN PRIMARIA:

MATERIAL 4 de bibliomaruxa

DE EDUCACIÓN PRIMARIA:




6º EDUCACIÓN PRIMARIA:


COMPARTINDO COÑECEMENTOS

Ola amiguiños e amiguiñas:
Unha das actividades que máis vos gustan é compartir os vosos traballiños con outros compañeiros e compañeiras. Pois velaqui todo o esforzo realizado.
Un bruxibiquiño

PRESENTACIÓN DE TRABALLOS de bibliomaruxa