Ola amiguiños e amiguiñas:
O pasado 19 de xaneiro, o alumnado de Educación Infantil puido disfrutar dun obradoiro de contos da man de Caxoto. Veunos presentar o seu proxecto: Miña terra, meu lar.
Un barrendeiro (ou como el prefire que lle digan mozo da limpeza) que pasa polo escenario aproveita que o espectáculo aínda non vai comezar para esixir que se deixe de tirar cousas ó chan. Está farto de recoller chicles, papeis, pano dos mocos e avoas en bo estado de uso. Farto de que ninguén recicle o lixo. Farto de pisar cacas de can!.
Que ben o pasamos!
Grazas Caxoto por ensinarnos tanto sobre a reciclaxe.
Un bruxibiquiño
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.