. POla amiguiñas e amiguiños:
O noso alumnado visitou diferentes museos da cidade . Pasámolo xenial e seguimos aprendendo sobre pintura.
Un bruxibiquiño
. POla amiguiñas e amiguiños:
O noso alumnado visitou diferentes museos da cidade . Pasámolo xenial e seguimos aprendendo sobre pintura.
Un bruxibiquiño
Ola amiguiños e amiguiñas:
Quero amosarvos os magníficos traballos elaborados por todo o alumnado do colexio e que foi presentado na biblioteca que recollen todo o investigado na primeira avaliación a cerca do nos PDI: QUE PINTAMOS AQUÍ?. Anímovos a seguir aprendendo e amosando coñecemento entre todos e todas.
Un bruxibiquiño
EDUCACIÓN INFANTIL:
3 ANOS : MIRÓ
4 ANOS- YAYOI KUSAMA: Presentación de traballos e ficheiro dos mesmos.
5 ANOS- MARUJA MALLO
EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º EDUCACIÓN PRIMARIA: LAPBOOK SOBRE O IMPRESIONISMO
Ola amiguiñas e amiguiños!
Unha parte moi importante do noso proxecto é o momento de presentarlle as nosas indagacións a outros compañeiros e compañeiras. Así a semana do 19 ao 23 de xaneiro adicámola a expoñer tanto con vídeos, cartolinas, presentacións... os traballiños feitos durante a primeira avaliación. O resultado foi marabilloso coma sempre. Encántanos compartir con maiores ou con cativos e aínda que ao principio estamos nerviosos logo xa nos soltamos e expoñemos con gran soltura. Comenzamos en Infantil de 3 anos e rematamos en sexto.... todos uns expertos cando chegamos xa a sexto!
Podedes vero ben que o pasamos nesta presentación.
Un bruxibiquiño
Ola amiguiños e amiguiñas!
Outro ano máis levamos a cabo unha das actividades que máis vos gustan : O MES DA CIENCIA EN GALEGO. Da man do PDI : Que pintamos aquí? experimentamos con cores , pigmentos... pasámolo xenial e aprendimos moito.
Podedes ver todo o realizado neste vídeo.
Un bruxibiquiño
Ola amiguiñas e amiguiños!
O pasado 7 de novembro celebramos no cole o MAGOSTO.
Se queres comer castañas
comigo as asarás
e xuntos as comeremos
se saltas ao compás.
Un bruxibiquiño
Ola amiguiñas e amiguiños!
E por fin chegou o Samaín.... coma sempre Maruxa tiña preparada unha sorpresa, coñecer CADROS ARREPIANTES dentro do noso PDI : Qué pintamos aquí?
Tamén, vivenciamos cadros, elaboramos caras monstruosas, decoramos máscaras da morte, elaboramos cadros... podedes ver todo neste vídeo.
Un bruxibiquiño
Ola amiguiñas e amiguiños!
Ao longo do curso traballouse co PDI: "Que pintamos aquí ?" para coñecer etapas, correntes, pintores e pintoras , cadros, técnicas artísticas...dende o primeiro momento o colexio encheuse de murais coas vosas creacións.
Podedes ver unha mostra nesta presentación.
Un bruxibiquiño.
Ola amiguiñas e amiguiños!
O pasado 30 de outubro a biblioteca botou a rodar coa presentación do novo proxecto que imos traballar neste curso entre todos e todas: " QUE PINTAMOS AQUÍ?"
Así que neste curso centrarémonos en aprender sobre diferentes etapas da pintura , autores , cadros representativos e moitas moitas mais cousas.
Comezaron como xa ben sendo habitual cos maiores presentando o PDI coa carta de Maruxa, o seu vídeo e como non , un agasallo.
Podedes ver todo nestas fotos e no vídeo.
Un bruxibiquiño
Ola amiguiñas e amiguiños:
Esta semana levamos unha boa sorpresa. A SUPER ANPA que temos no cole quixo unirse ao noso Proxecto anual e aportaron un taller superchulo.
Por todas as aulas viñeron amosarnos un monto de invertebrados máis coñecidos como " bichos". Bolboretas, tarántulas, escorpiróns visitaron todas as nosas aulas deixándose tocar e agarimar.
Vaia experiencia! Comprendemos así a importancia que teñen para a vida no noso planeta e necesidade de coidalos.
Un bruxibiquiño.
Ola amiguiños e amiguiñas:
Xa na terceira avaliación a nosa bruxa propúxonos outra investigación e outra aprendizaxe. Nesta ocasión tiñamos que coñecer un cadro e enchelo de lixo, así vivenciamos entre todas e todos a importancia de coidar as nosas paisaxes, e ver a diferencia entre unha limpa e outra toda contaminada.
Pasámolo moi ben coñecendo un pouco máis de arte e de ecoloxía!
Podedes ver nesta presentación o encargo de Maruxa e despois os traballos realizados polo noso alumnado.
Un bruxibiquiño!
Ola amiguiñas e amiguiños:
Remate este curso onde Maruxa se propuxo un obxectivo:
CREAR CONCIENCIA ECOLÓXICA EN TODOS NÓS
Quero recordarvos como nos convidou a participar nesta nova aventura aló polo mes de outubro neste vídeo.
E agora quero que vexades parte do recorrido que fixemos, porque un vídeo non pode amosar todo o aprendido e traballado. Só vos queda aquí unha pequena mostra .
Ola amiguiños e amiguiñas:
Canto traballiño hai posto na horta do noso cole! Canto agarimo en cada unha das plantacións, das colleitas e na limpeza e en todo o relacionado coa horta!
Podedes ver como se foi desenvolvendo neste vídeo.
Ola amiguiños e amiguiñas:
Chegou a segunda avaliación e con ela unha nova tarefa que Maruxa propón ás aula dentro do PDI: "Ambientalistas en acción", coñecer TESOUROS NATURAIS.
Como sempre, as aulas puxéronse en marcha e realizaron uns productos marabillosos que logo polo mes de abril compartiron entre as aulas.
Podedes ver todo nas seguintes presentacións:
Un bruxibiquiño
Maruxa