01 maio 2026

MATERIAL ELABORADO POLAS AULAS- 2ª AVALIACIÓN

 Benqueridos nenos e nenas:

Na segunda avaliación a nosa Maruxa pediunos traballar pintoras e pintores relacionados coas etapas pictóricas investigadas na primeira avaliación. As aulas puxéronse en marcha e elaboraron un material moi valioso que presentaron no mes de abril ao resto das aulas. Podedes ver esa presentación no seguinte enlace xunto co chamamento da nosa Maruxa. Tamén os murais que adornaron os corredores do colexio relacionados co PDI:

MURAIS E RINCÓNS

.PRESENTACIÓN DE TRABALLOS ENTRE AULAS

AGORA PODEDES VER O MATERIAL ELABORADO POLAS AULAS:

EDUCACIÓN INFANTIL:

4º EI:INVESTIGARON SOBRE MIRÓ

 



5º EI: INVESTIGACIÓNS SOBRE VARIOS PINTORES E PINTORAS


6º EI: SONIA DELAUNAY

1º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA:MARY CASSAT, MATILDA BROWNE, SOROLLA, PISSARRO, VAN GOGH..... AUTORES IMPRESIONISTAS. Elaboraron Flipbooks e fichas 


2º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA: EL GRECO, EL BOSCO, MIGUEL ANXO, RAFAEL SANZIO, LEONARDO DA VINCI....AUTORES DO RENACEMENTO. Elaboráronse presentacións, contos, audiodontos, cancións.... 

A súa nai era campesiñaa de SAGRADA FAMILIA

3º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA: GOYA, FRIEDRICH E COLE. NEOCLASICISMO E ROMANTICISMO

28 abril 2026

COMPARTINDO COÑECEMENTOS DA SEGUNDA AVALIACIÓN

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Ao longo da 2ª avaliación, a nosa bruxa propúxolles ás aulas traballar un pintor da etapa pictórica que se investigara na primeira avaliación. Coma sempre chegou unha nota ás aulas indicando o pintor e o traballo que había que facer.

As aulas puxéronse mans á obra e no mes de abril compartiros os coñecementos entre as aulas. Podedes ver os pintores traballados e os coñecementos compartidos nesta presentación.

Un bruxibiquiño


Copia de Copia de Documento A4 Hoja para Tomar Notas Sencillo y Minimalista Blanco y Negro de bibliomaruxa
Copia de Copia de PRESENTACIÓDE TRABALLOS de bibliomaruxa

22 febreiro 2026

ENTROIDO

Xa se foi o señor Entroido,
como un peliqueiro vello,
deixando a barriga chea,
e o peto moi pequeno.
Non chores, miña rapaza,
que xa volve o ano que ven,
con máis caldo e máis touciño,
e a festa máis alegre tamén.

NESTE VIDEO PODEDES VER O ENTROIDO NO NOSO COLEXIO.


Copia de Copia de Entroido de bibliomaruxa

08 febreiro 2026

VISITA ÓS MUSEOS

. POla amiguiñas e amiguiños:

O noso alumnado visitou diferentes museos da cidade  . Pasámolo xenial e seguimos aprendendo sobre pintura.

Un bruxibiquiño


CEIP SAGRADA FAMILIA de bibliomaruxa

25 xaneiro 2026

MATERIAL ELABORADO 1ª AVALIACIÓN

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Quero amosarvos os magníficos traballos elaborados por todo o alumnado do colexio e que foi presentado na biblioteca que recollen todo o investigado na primeira avaliación a cerca do nos PDI: QUE PINTAMOS AQUÍ?.  Anímovos a seguir aprendendo e amosando coñecemento entre todos e todas.

Un  bruxibiquiño

EDUCACIÓN INFANTIL:

  3 ANOS : MIRÓ

 4 ANOS- YAYOI KUSAMA: Presentación de traballos e ficheiro dos mesmos.



 5 ANOS- MARUJA MALLO


EDUCACIÓN PRIMARIA:

1º EDUCACIÓN PRIMARIA: LAPBOOK SOBRE O IMPRESIONISMO


2º EDUCACIÓN PRIMARIA: FICHAS SOBRE O IMPRESIONISMO


3º EDUCACIÓN PRIMARIA: PRESENTACIÓN SOBRE O RENACEMENTO
                                              
4º EDUCACIÓN PRIMARIA: VÍDEO, PRESENTACIÓN E FICHAS SOBRE O RENACEMENTO

Copia de O RENACEMENTO 4º C de SAGRADA FAMILIA
O RENACEMENTO de SAGRADA FAMILIA



6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: CARTEIS CON LIÑA DE TEMPO

COMPARTINO COÑECEMENTOS

Ola amiguiñas e amiguiños!

Unha parte moi importante do noso proxecto é o momento de presentarlle as nosas indagacións a outros compañeiros e compañeiras. Así a semana do 19 ao 23 de xaneiro adicámola a expoñer tanto con vídeos, cartolinas, presentacións... os traballiños feitos durante a primeira avaliación. O resultado foi marabilloso coma sempre. Encántanos compartir con maiores ou con cativos e aínda que ao principio estamos nerviosos logo xa nos soltamos e expoñemos con gran soltura. Comenzamos en Infantil de 3 anos e rematamos en sexto.... todos uns expertos cando chegamos xa a sexto!

Podedes vero ben que o pasamos nesta presentación.

Un bruxibiquiño

 

Copia de PRESENTACIÓDE TRABALLOS de bibliomaruxa

16 decembro 2025

CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Outro ano máis levamos a cabo unha das actividades que máis vos gustan : O MES DA CIENCIA EN GALEGO. Da man do PDI : Que pintamos aquí? experimentamos con cores , pigmentos... pasámolo xenial e aprendimos moito.

Podedes ver todo o realizado neste vídeo.

Un bruxibiquiño

Copia de CIENCIA EN NOVEMBRO de bibliomaruxa

09 novembro 2025

MAGOSTO

Ola amiguiñas e amiguiños!

O pasado 7 de novembro celebramos no cole o MAGOSTO.

Se queres comer castañas

comigo as asarás

e xuntos as comeremos

se saltas ao compás.

Un bruxibiquiño


Copia de Copia de Presentación Sostenibilidad y Ecología Scrapbook Ilustrado Marrón de bibliomaruxa

SAMAÍN

 Ola amiguiñas e amiguiños!

E por fin chegou o Samaín.... coma sempre Maruxa tiña preparada unha sorpresa, coñecer CADROS ARREPIANTES dentro do noso PDI :  Qué pintamos aquí?

Tamén, vivenciamos cadros, elaboramos caras monstruosas, decoramos máscaras da morte, elaboramos cadros... podedes ver todo neste vídeo.

Un bruxibiquiño


Samain 25 de bibliomaruxa

MURAIS

 Ola amiguiñas e amiguiños!

Ao longo do curso traballouse co PDI: "Que pintamos aquí ?" para coñecer etapas, correntes, pintores e pintoras , cadros, técnicas artísticas...dende o primeiro momento o colexio encheuse de murais coas vosas creacións.

Podedes ver unha mostra nesta presentación.

Un bruxibiquiño.


Copia de MURAIS de bibliomaruxa

04 novembro 2025

PRESENTACIÓN PDI: QUE PINTAMOS AQUÍ?

 Ola amiguiñas e amiguiños!

O pasado 30 de outubro a biblioteca botou a rodar coa presentación do novo proxecto que imos traballar neste curso entre todos e todas: " QUE PINTAMOS AQUÍ?" 

Así que neste curso centrarémonos en aprender sobre diferentes etapas da pintura , autores , cadros representativos e moitas moitas mais cousas.

Comezaron como xa ben sendo habitual cos maiores presentando o PDI coa carta de Maruxa, o seu vídeo e como non , un agasallo.

Podedes ver todo nestas fotos e no vídeo.

Un bruxibiquiño

Presentación Proyecto Artístico Trazos Pintura Abstracto Colorido de bibliomaruxa
Vídeo Cuenta Atrás Intro Animado Simple Azul de bibliomaruxa
Copia de Folleto Díptico Flyer Taller Creativo Infantil Doodle Marrón y Blanco de bibliomaruxa

07 xuño 2025

FIN DE CURSO CON MUNDO BICHOS

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Esta semana levamos unha boa sorpresa. A SUPER ANPA que temos no cole quixo unirse ao noso Proxecto anual e aportaron un taller superchulo.

Por todas as aulas viñeron amosarnos un monto de invertebrados máis coñecidos como " bichos". Bolboretas, tarántulas, escorpiróns visitaron todas as nosas aulas deixándose tocar e agarimar. 

Vaia experiencia! Comprendemos así a importancia que teñen para a vida no noso planeta e necesidade de coidalos.

Un bruxibiquiño.







TALLER MUNDOBICHOS de bibliomaruxa

01 xuño 2025

ARTE E ECOLOXÍA

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Xa na terceira avaliación a nosa bruxa propúxonos outra investigación e outra aprendizaxe. Nesta ocasión tiñamos que coñecer un cadro e enchelo de lixo, así vivenciamos entre todas e todos a importancia de coidar as nosas paisaxes, e ver a diferencia entre unha limpa e outra toda contaminada.

Pasámolo moi ben coñecendo un pouco máis de arte e de ecoloxía!

Podedes ver nesta presentación o encargo de Maruxa e despois os traballos realizados polo noso alumnado.

Un bruxibiquiño!

Presentación Proyecto Artístico Trazos Pintura Abstracto Colorido de bibliomaruxa