23 novembro 2023

NOVIDADES PARA O PDI

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Á nosa bruxa quere que teñades á vosa man información sobre o proxecto deste curso sobre Galicia. Para iso, foi na súa vasoira dar unha volta polas librerías do barrio e mercou uns cantos libros para que estén na sección do proxecto. Así podedes levalas á vosa aula e poder disfrutar delas.

Podedes velas nestas fotiños.

Un bruxibiquiño




15 novembro 2023

O MAGOSTO

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Novembro é mes de castañas, asadas, cocidas... e MAGOSTO, moito MAGOSTO.

Por iso no cole o 3 de novembro conmemoramos esta festa que tanto nos gusta coa nosa tradicional castañada e tamén cos xogos populares grazas ao equipo de EF, e dentro do noso PDI: GALICIA AS NOSAS SEÑAS DE IDENTIDADE.

Deixámosvos unha presentación para que poidades ver a nosa festa tan divertida.

Un bruxibiquiño.


O MAGOSTO de bibliomaruxa

31 outubro 2023

SAMAÍN

 Ola amiguiñas e amiguiños!

Vimos de celebrar o Samaín. Xa dende hai unha semana na biblio estivemos traballando seres da nosa mitoloxía galega:

- O Pedro Chosco en Infantil.

- O trasno en 1º e 2º de Primaria.

- O Urco en 3º e 4º de Primaria.

- A Compaña en 5º e 6º de Primaria. 

Todo dentro do noso PDI : Galicia: As nosas señas de identidade.

Asemade e da man do EDLG decoramos o corredor do colexio e do equipo de EF con festa o día 31. 

Podedes ver o ben que o pasamos e o moito que coñecemos neste vídeo.

Un bruxibiquiño.



Copia de SAMAÍN NO CEIP SAGRADA FAMILIA ( A CORUÑA) de bibliomaruxa

17 outubro 2023

PRESENTACIÓN DO PDI

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Que emoción  iniciar unha nova aventura con vós! 

Resulta que o pasado 9 de outubro todas as aula de quinto e sexto recibiron unha carta de Maruxa onde lles encomendaba ir polas outras aulas do colexio entregándolles un agasallo e explicando o novo PDI que entre todos construiremos ao longo deste curso.



E chegou o día 16, o día en que os maiores foron polas aulas expoñendo o proxecto e compartindo ilusións entre todos e todas. 

Aquí tedes unhas cantas fotos e tamén a presentación do proxecto que fixeron os maiores.

Seguimos compartindo ilusións.

Un bruxibiquiño











Copia de NÓS E O MUNDO de bibliomaruxa