mércores, 15 de maio de 2024

REFRANEIRO GALEGO DA SAGRADA

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Unha das características dun pobo , un dos seus trazos de identidade é a súa lingua. A nosa lingua, o galego é moi rica en ditos populares ou refráns. Así, non queriamos deixar pasar a oportunidade de traballar a nosa lingua a través deles.

Por iso, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole e a biblio  decidimos recopilar algúns dun xeito especial, gravándonos en vídeo en situacións nas que o refrán nos pode explicar o que acontece.

Aquí deixamos o resultado... de seguro pasades un bo anaco agradable !

Un bruxibiquiño.


OS NOSOS REFRÁNS de bibliomaruxa