Ola amiguiños e amiguiñas:
O sábado 9 de maio participamos de novo no Día da Ciencia na Rúa, que este ano se celebrou nos Xardíns de Méndez Núñez. Os nosos pequenos científicos foron os alumnos de 3 anos e de 4º A e 4ºB de Ed. Primaria que, xunto coas súas titoras, explicaron aos visitantes experimentos que xiraron arredor da temática do noso proxecto "Que pintamos aquí?". Así que presentaron un arco da vella con líquidos de distintas densidades, mesturas de cores, auga que camiña faccendo outro arco da vella, pintura con cúrcuma e bicarbonato, bonecos bailaríns e ata unha mandarina flotadora.
Foi un día intenso e bonito no que tivemos unha grande afluencia de público a pesares do mal tempo.
Un bruxibiquiño



Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.