Ola amiguiños e amiguiñas:
Este colexio non para de darlle á cabeza e traballar polo medio ambiente. Nesta ocasión queremos amosar os murais e toda a decoración que se realizou por motivo do noso PDI.
Esperamos que vos guste.
Un bruxibiquiño!
Ola amiguiñas e amiguiños:
A primeira semana de abril a biblioteca convertiuse nun gran taller que acolleu dous obradoiros: Escaiola e cadernos de campo da man do grupo naturalisa Hábitat. Encantounos! Podedes ver o resultado neste vídeo.
Un bruxibiquiño.
Ola amiguiños e amiguiñas!
O pasado 26 de marzo o alumnado de terceiro foi á praia do Orzán para recoller lixo coa asociación MAR DE FÁBULA. Logo foron ao cole para facer un taller de reciclaxe e reutilización con todo o refugallo atopado. Toda unha actividade de concienciación ambiental.Podedes ver as imaxes nesta presentación.
Un bruxibiquiño.
Ola amiguiños e amiguiñas:
O venres 28 de febreiro celebramos un Entroido moi especial, un Entroido pola loita contra o cambio climático. Que ben o pasamos! Podemos ver o ben que o pasamos no seguinte vídeo.
Un bruxibiquiño!
Ola amiguiños e amiguiñas:
O pasado 19 de xaneiro, o alumnado de Educación Infantil puido disfrutar dun obradoiro de contos da man de Caxoto. Veunos presentar o seu proxecto: Miña terra, meu lar.
Un barrendeiro (ou como el prefire que lle digan mozo da limpeza) que pasa polo escenario aproveita que o espectáculo aínda non vai comezar para esixir que se deixe de tirar cousas ó chan. Está farto de recoller chicles, papeis, pano dos mocos e avoas en bo estado de uso. Farto de que ninguén recicle o lixo. Farto de pisar cacas de can!.
Que ben o pasamos!
Grazas Caxoto por ensinarnos tanto sobre a reciclaxe.
Un bruxibiquiño
Ola amiguiños e amiguiñas:
Quero amosarvos os magníficos traballos elaborados por todo o alumnado do colexio e que foi presentado na biblioteca . Anímovos a seguir aprendendo e amosando coñecemento entre todos e todas.
EDUCACIÓN INFANTIL:
EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
POLO DÍA DA PAZ E A CONVIVENCIA ESCOLAR , NO COLE MONTAMOS ESTE VÍDEO COA CANCIÓN " ECOLOXISTAS " DE PABLO DÍAZ XA QUE O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE E DO NOSO PLANETA É UN XEITO DE FACER PAZ E COIDAR DALGO TAN IMPORTANTE .
Ola amiguiñas e amiguiñas:
Outra ocasión na que podemos celebrar na biblio o mes da ciencia na biblio en galego. O mes de NOVEMBRO. Por iso, a última semana do mes de novembro o alumnado de quinto e sexto de primaria fixeron un enorme esforzo por trasnmitir ciencia ao resto do colexio. Prepararon uns experimentos e llos explicaron . E coma sempre , disfrutamos todos vendo como compartindo experiencias aprendemos moito máis felices.
Ola amiguiños e amiguiñas!
Dentro do PDI , AMBIANTALISTAS EN ACCIÓN, o alumnado de sexto de Primaria foi polas aulas amosando unha presentación por eles elaborada onde explicaba ao resto do alumnado o que era a compostaxe , tan importante para poñer en marcha a nosa horta e como todas e todos poderían poñer o seu gran de area reciclando o refugallo da merenda. Pero ollo, non todo o refugallo vale para o noso obxectivo, pero xa se encargaron de explicalo.
Asemade, encárganse de preparar eles e elas todo o material necesario para levar a cabo a súa proposta.
PREPARACIÓN DO MATERIAL:
Ola amiguiñas e amiguiños:
Chegou a festa do Samaín. E con el os MONSTROS ECOLÓXICOS , as CAIXAS TERRORÍFICAS e moitas cousas máis.
Botade un ollo!
Un bruxibiquiño
Ola a todas e todos!
A nosa Maruxa xa está ve volta e trae consigo un novo proxecto para traballar entre todas e todos. Foi presentado a todas as aulas do colexio polos nenos e nenas de sexto de primaria quenes leron unha carta da nosa mascota, proxectaron un vídeo elaborado con eles como protagonistas e mesmo un agasallo levaron para coidar entre todos e todas.
Velaquí está todo.
Un bruxibiquiño