31 maio 2024

VIDEO FINAL PDI

 E AQUÍ REMATA ESTE CURSO DE TANTA APRENDIZAXE E ACTIVIDADES.

BÓTALLE UN OLLO A ESTE VÍDEO !


VÍDEO FINAL PDI de bibliomaruxa

30 maio 2024

OS NOSOS PERSOEIROS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

No última parte do noso proxecto, puidemos coñecer a vida e aventuras de personaxes ilustres de Galicia e elaborar a súa biografía. Grazas a iso, algunhas clases puxéronse en contacto cos seus personaxes .

Este foi o caso da aula de quinto B e quinto C que contactaron con Marisol Soengas e Ángel Carracedo.

Botádelle un ollo na seguinte presentación.










Presentación Proyecto Trabajo Doodle Orgánico Multicolor de bibliomaruxa

17 maio 2024

CANTO TRABALLIÑO! CANTA APRENDIZAXE!

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Quería ensinarvos todo o traballiño realizado nas aulas, canta aprendizaxe feita polo noso alumnado tendo como guía á nosa Maruxa e as mestras e mestres do colexio.

Imos aló!

Déixovos material elaborado que forma parte de primeira avaliación, pero no caso de Educación Infantil forma parte de todo o curso.

Imos por partes:

EDUCACIÓN INFANTIL:



15 maio 2024

REFRANEIRO GALEGO DA SAGRADA

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Unha das características dun pobo , un dos seus trazos de identidade é a súa lingua. A nosa lingua, o galego é moi rica en ditos populares ou refráns. Así, non queriamos deixar pasar a oportunidade de traballar a nosa lingua a través deles.

Por iso, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole e a biblio  decidimos recopilar algúns dun xeito especial, gravándonos en vídeo en situacións nas que o refrán nos pode explicar o que acontece.

Aquí deixamos o resultado... de seguro pasades un bo anaco agradable !

Un bruxibiquiño.


OS NOSOS REFRÁNS de bibliomaruxa

05 maio 2024

RÚAS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Como estades? Eu quero ensinarvos uns marabillosos traballiños que fixeron os nenos e nenas do colexio seguindo o mandato da nosa bruxa, Tratábase de adiviñar un persoeiro importante de Galicia e despois elaborar a súa biografía.

Queredes saber como foi todo o proceso e o resultado final? Pois lede ben atentos e atentas.


                        

14 febreiro 2024

ENTROIDO GALEGO

QUE NON PARE A FESTA, RECOIRO!

QUERO SITIO NO FOLIÓN!

QUE O ENTROIDO E PARA ENCHEDOIROS

E AQUÍ VÉN O MÁIS LAMBÓN!

Entroido de bibliomaruxa

23 xaneiro 2024

VÍDEO EXPLICATIVO 5º C: GALICIA OS NOSO TRAZOS DE IDENTIDADE.

 Ola amiguiños e amiguiñas:

O alumnado de 5º C quere explicar a todo o colexio o moito que aprenderon na primeira avaliación sobre Galicia, imos escoitalos moi atentos e atentas.

U bruxibiquiño

Maruxa


Fondo de Vídeo Teatro Rojo Negro Vídeo de bibliomaruxa

16 decembro 2023

O APALPADOR

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Como ben sabedes, este curso levamos a cabo un PDI sobre Galicia. Por tal razón, á nosa biblioteca chegou polo Nadal unha personaxe moi especial:

O APALPADOR.

Foi deixando por todas as aulas unha postal para que todos os nenos e nenas do colexio coñeceran quen é e puxo a disposición das aulas un libros que contan a súa historia. 

Podedes ver o resultado nestas fotiños

Un bruxibiquiño.








OBRADOIRO E CONCURSO DE REGUEIFAS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Sabedes o que é unha regueifa? 

A regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Ademais, ten a característica de que cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos octosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares (de maneira que formalmente coincide coa copla .

Forma parte da nosa cultura tradicional  galega e queriamos dala a coñecer entre o noso alumnado de quinto e sexto de Primaria.

Para iso contamos cuns obradoiros  da man de Gaudalupe Blanco Vázquez  (que forma parte do proxecto Enregueifate) no noso colexio onde participaron os nenos e nenas destes cursos. Pasaron un anaco moi divertido, aprenderon o que é a regueifa e como nos gustou tanto a experiencia decidiron elaborar as súas propias e participar no concursos de regueifas dentro do proxecto anteriormente sinalado.

Aquí tedes o vídeo que enviamos e aínda que non gañamos aprendemos que iso sí que é o mellor dos premios. 

Tamén vos deixo unhas fotiños dos obradoiros.

Un bruxibiquiño.

Video Cuenta atrás Moderno Animado Scrapbook Doodle Multicolor de bibliomaruxa








12 decembro 2023

CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

Ola amiguiños e amiguiñas:
Hoxe tivemos unha visita moi especial na nosa biblio. O grupo de música tradicional galega da Xunta de Galicia veu dar un concerto para o alumnado de 5º de educación Primaria. 
Empapámonos de alboradas, muuiñeiras e tamén nos amosaron instrumentos tradicionais da nosa terriña: Gaita, zamfona, tambores... canto aprendemos coas explicacións e coa súa música.
Un bruxibiquiño







23 novembro 2023

NOVIDADES PARA O PDI

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Á nosa bruxa quere que teñades á vosa man información sobre o proxecto deste curso sobre Galicia. Para iso, foi na súa vasoira dar unha volta polas librerías do barrio e mercou uns cantos libros para que estén na sección do proxecto. Así podedes levalas á vosa aula e poder disfrutar delas.

Podedes velas nestas fotiños.

Un bruxibiquiño




15 novembro 2023

O MAGOSTO

 Ola amiguiñas e amiguiños:

Novembro é mes de castañas, asadas, cocidas... e MAGOSTO, moito MAGOSTO.

Por iso no cole o 3 de novembro conmemoramos esta festa que tanto nos gusta coa nosa tradicional castañada e tamén cos xogos populares grazas ao equipo de EF, e dentro do noso PDI: GALICIA AS NOSAS SEÑAS DE IDENTIDADE.

Deixámosvos unha presentación para que poidades ver a nosa festa tan divertida.

Un bruxibiquiño.


O MAGOSTO de bibliomaruxa